Friday 03 de May de 2024

Visita guiada dos escolares á Exposición de Fotografía Subacuática


O alumnado dos centros escolares de Malpica participaron hoxe, Día Mundial dos Océanos, en varias visitas guiadas á Exposición de Fotografía Subacuática que está dispoñible nas instalacións do Centro Cívico.

A rapazada puido observar as imaxes cedidas por José Antonio García Montes (de Buceo Malpica), Xaime Beiro e a Federación Galega de Actividades Subacuáticas. Tamén gozaron dunha proxección dun documental medioambiental de índole educativa.

Lembramos que a exposición permanecerá dispoñible ata o día 18 de xuño para todas aquelas persoas que se queiran achear en horario de 8:30 a 20:00 horas de luns a venres.